I XORNADAS INTERNACIONAIS MADEIRA 2020

TECNOLOXÍA – PROXECTO

Venres 7 e sábado 8 de febreiro de 2020

No auditorio da Escola de Arquitectura – CESUGA
A Coruña

PRAZO DE INSCRICIÓNS PECHADO

XERA (Axencia galega da Industria Forestal) organiza, en colaboración coa Escola de Arquitectura de CESUGA, as I Xornadas Internacionais Madeira 2020, co lema TECNOLOXÍA E PROXECTO. As Xornadas levaranse a cabo na sede do CESUGA na Coruña, en tres sesións, correspondentes a tres escalas de aproximación á madeira, durante os días 7 e 8 de Febreiro.

No hall do edificio realizarase unha EXPOSICIÓN de imaxes seleccionadas do traballo en madeira de relatores e docentes de CESUGA.

Céntrase a atención na INNOVACIÓN TECNOLÓXICA e a súa relación co PROXECTO, entendido este como procura racional de solucións intelixentes, coherentes, lóxicas, poñendo en valor cuestións de carácter biolóxico, ecolóxico e antropolóxico, como garantía dun “habitar” máis sustentable. Neste contexto, a MADEIRA perfílase, con claridade, como materia prima vital no camiño cara a un modelo bioeconómico. Búscase un dobre enfoque, teórico e práctico, desde tres escalas vinculadas, TERRITORIO, ARQUITECTURA, MOBLE.

Nunha primeira sesión, sobre a base dun urbanismo ecolóxico, analizaranse e tomaranse en consideración, as posibilidades que ofrece a madeira a escala territorial, a través dunha ordenación, planificación e xestión forestal sustentable. Presentaranse modelos de desenvolvemento sustentable, comprometidos cos valores culturais e ecolóxicos do territorio, buscando o equilibrio entre innovación tecnolóxica e tradición. Interesa, en paralelo, a diagnose do sector forestal en Galicia; especies, estrutura, paisaxe, ferramentas de análises, proxectos de investigación, así como intervencións en zonas de bordo, límite.

A aparición de novos sistemas construtivos, froito do continuo perfeccionamento e invención tecnolóxica, fai necesaria unha revisión dos fundamentos tectónicos, que conduza ao desenvolvemento de estratexias de adaptación intelixentes, que non perdan de vista a naturalidade, sensatez e racionalidade dos sistemas tradicionais. Mostrarase neste sentido, nunha segunda sesión, arquitectura construída en madeira, de gran sensibilidade, coherencia e claridade conceptual. Indúcese á reflexión ao redor da expresión arquitectónica, os criterios formais no uso da madeira en edificación, o estándar passivhaus e a bioconstrución.

En terceira sesión, madeira a pequena escala, o moble, contrastaranse visións e experiencias relacionadas cos procesos de deseño e fabricación actuais, analizando a influencia das novas tecnoloxías, CAD- CAM-Robótica, os procesos de produción en serie, e o diálogo entre innovación industrial e artesanía.

EL EVENTO COMENZARÁ EN
  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Add to My Calendar 2020-02-07 09:15:00 2020-02-08 14:30:00 Europe/London Jornadas Internacionales Madera 2020 A Escola de Arquitectura de CESUGA organiza, en colaboración coa XERA (Axencia galega da Industria Forestal), as I Xornadas Internacionais Madeira 2020 A Coruña Escola de Arquitectura de CESUGA- USJ en colaboración co XERA (Axencia galega da Industria Forestal). maderajornadas@gmail.com

O PROGRAMA

Descarga AQUÍ o programa e a biografía dos relatores.

O venres 7 e o sábado 8 de febreiro de 2020

Bloque 1

MADEIRA E TERRITORIO

APERTURA. BENVIDA

I XORNADAS INTERNACIONAIS MADEIRA 2020.

Ignacio Lema Piñeiro.
Director da Axencia Galega da Industria Forestal. XERA

Javier Caride Eiras.
Director de Grao en Arquitectura de CESUGA

Venancio Salcines Cristal.
Director Xeral de CESUGA

José Varela Núñez.
Presidente de CESUGA

9.15 - 09.30

Introdución

Antonio García Fernández
Docente CESUGA

9.30 - 9.45

Ponencia 1A. A SIGNIFICACIÓN TERRITORIAL DA INDUSTRIA FORESTAL EN GALICIA

Ángel Miramontes Carballada.
Dr. en Xeografía (USC). Ourense

9.45 - 10.30

Relatorio 1B. A PLANIFICACIÓN ECOLÓXICA DO TERRITORIO: UNHA VISIÓN MULTIFUNCIONAL E MULTIESCALAR

Pedro Calaza Martínez.
Dr en Arquitectura da paisaxe (Universidade de Lisboa).
Dr Enxeñeiro Agrónomo (USC).
A Coruña

10.30 - 11.15

Descanso

11.15 - 11.45

Relatorio 1C . BOAS PRÁCTICAS DE XESTIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS. O CASO DE BRASIL

Luís Díaz Balteiro.
Dr Enxeñeiro de Montes (UPM).
Madrid

11.45 - 12.30

Relatorio 1D. URBANISMO EN MADEIRA: DO MOLECULAR AO TERRITORIAL

Daniel Ibáñez.
Arquitecto Urbanista (ETSAM).
Cambridge, Massachusetts, USA

12.30 - 13.15

Mesa redonda.

Modera:
Antonio García Fernández (CESUGA).
Docente CESUGA

13.15 - 14.00

Bloque 2

MADEIRA E ARQUITECTURA

Saúdos comezo sesión

Francisco Conde López.
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia

Ignacio Lema Piñeiro.
Director da Axencia Galega da Industria Forestal. XERA

Venancio Salcines Cristal.
Director Xeral de CESUGA

15.45 - 16.00

Introdución

Tomás Valente Lloves
Docente CESUGA

16.00 - 16.15

Relatorio 2A. DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS PARA UNHA BIOECONOMÍA GALEGA DE CONSTRUCIÓN CON MADEIRA

Manuel Guaita Fernández
Dr Enxeñeiro Agrónomo.
PEMADE-USC. Lugo – A Coruña

16.15 - 17.00

Relatorio 2 B. NOVOS PRODUTOS ESTRUTURAIS CON MADEIRA EN AUSTRIA. CONCEPTOS, INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓNS

Felipe Riola Parada.
Dr Arquitecto (UDC)
Universidad Técnica de Viena, Austria.

17.00 - 17.45

Descanso

17.45 – 18.15

Relatorio 2C. DIVERSIDADE BIO-CULTURAL HUMANA E ARQUITECTURA FORESTAL

Sami Rintala.
Rintala Eggertsson Architects.
Bodø, Noruega

18.15 – 19.00

Relatorio 2D. PEZAS SOLTAS

Mauricio Pezo
Pezo von Ellrichshausen .
Concepción, Chile.

19.00 – 19.45

Mesa redonda

Modera: 
Tomás Valente Lloves
Docente CESUGA

19.45 – 20.30

Bloque 3

MADEIRA E MOBLE

Introdución

Silvia Blanco Agüeira
Dra Arquitecta (UDC).
Docente CESUGA.

09.45 – 10.00

Relatorio 3A. INNOVACIÓN E DESEÑO BIOFÍLICO

Fernando Sanz Infante
Enxeñeiro de Montes.
CIS Madeira. Ourense

10.00 – 10.45

Relatorio 3B. MADEIRA EN PEQUENAS DOSES

Ricardo Tubío – Xabier Rilo
Diseñadores.
Estudio Cenlitrosmetrocadrado.
Santiago de Compostela

10.45 – 11.30

Descanso

11.30 – 12.00

Relatorio 3C. FACER COAS MANS

Sebastián Erazo Fischer
CIGÜE. Arquitecto.
Deseño de mobiliario en madeira.
Chile – París

12.00 – 12.45

Relatorio 3D. DESEÑO E CONSTRUCIÓN COMO FERRAMENTA EDUCATIVA NO MEDIO ORIENTE

Juán Roldán Martín
Arquitecto e deseñador.
College of Architecture, Art and Design.
American University of Sharjah.
Emiratos Árabes Unidos (UAE)

12.45 – 13.30

Mesa redonda

Modera:
Pedro Feduchi Canosa 
Dr en Arquitectura (ETSAM).
Madrid

13.30 – 14.15

CLAUSURA. I XORNADAS INTERNACIONAIS MADEIRA 2020. TECNOLOXÍA – PROXECTO

Ignacio Lema Piñeiro.
Director da Axencia Galega da Industria Forestal. XERA

Javier Caride Eiras.
Director de Grao en Arquitectura de CESUGA

Venancio Salcines Cristal.
Director Xeral de CESUGA

Elena Ampudia.
Decana do COAG

14.15 – 14.30

INSCRICIÓN GRATUÍTA

Prazas limitadas

SERVIZO DE RESTAURACIÓN PARA ASISTENTES

Consulta aquí o servizo de restauración para que cando formalices a inscrición poidas reservarlo.

ORGANIZADORES

XERA (Axencia galega da Industria Forestal) organiza estas xornadas colaboración coa Escola de Arquitectura de CESUGA

location-icon

ENDEREZO

CESUGA
Rúa Obradoiro, 47
15190 A Coruña

email-icon

CONTACTO

xornadasmadeira@gmail.com

+34 986 577000

NON AGARDES MÁIS

INSCRÍBETE NESTAS XORNADAS